jueves, 14 de enero de 2010

XEADO DE MERDA

En ocasións a vida depara unhas circunstancias curiosas nas que decide mesturar o que máis che gusta co que máis odias, e dicir, como se na máis refinada e deliciosa xeladería do mundo decidisen facer un xeado de merda.

Circunstancia semellante é a que se pode dar coa producción do Bond Nº 23, donde unha das cousas que máis odio no mundo ,as pelis de James Bond, xúntase con unha das que máis me gusta, o estilo locuaz e refinado do máis grande director de cine da era moderna.

Só os mois cerrados de mente poden considerar bo un producto onde de 23 pelis se poden salvar 5 sendo moi xeneroso, e onde foi necesario cambiar todo o que até o de agora se entendía por James Bond para facer unha peli realmente boa (Casino Royale), e onde a millor de tódalas pelis e unha parodia da propia saga.

Sendo como son eu unha persoa á que lle gusta probar de todo, e tendo en conta a miña incondicional pleitesía cara a Sam Medes, non hei ter máis remedio que merendar un destes XEADOS DE MERDA.

1 comentario:

Unknown dijo...

bo proveito logo jajaja