viernes, 18 de diciembre de 2009

AS 3 MELLORES COMEDIAS ROMÁNTICAS

A pesar do prometido a semana pasada, e con motivo do xustificado mosqueo de algúns, vimos de decidir de cambiar as 3 millores de esta semana por as 3 millores comedias románticas modernas. Sirva isto para presentar os meus respetos ao señor Stephen Frears. Anotar que estamos falando de pelis que vaian dende os 80 ata o día de hoxe, aviso para listillos que empecen a dicir que falta El Apartamento, que falta Desayuno son Diamantes, bla, bla, bla.

Este é un xénero de produccións marcadamente mediocres en xeral, polo que é fácil destacar, e entre as que máis destacan teremos:


NÚMERO 3: EL OTRO LADO DE LA CAMA

É a proba de que a pesar do que algúns dos lectores deste blog pensan, en España pódese facer bo cine. Mantendo a estructura básica da comedia romántica engade o aporte musical utilizando clásicos que despertan a risa e a morriña para os que andamos dos 30 para arriba.

Conséguese o que debe pasar con unha comedia, que rías, porque parece que en algúns sectores de Yankeelandia iso está bastante esquencido.

A maiores, dicir que as interpretacións son boas e a contextualización dos temas tamén, polo que gran película, á que tal vez lle sobraba esa secuela mediocre, but money is money.



NÚMERO 2: JUNO

Humor sutil, social nunha filmación independente, que supuxo unha gran sorpresa a nivel mundial.

É unha desas películas nas que un sae do cine pensando, o mundo é maravilloso, lamentablemente aos 10 minutos pos un telediario e volves á realidade.

Interpretacións magníficas, que fan millor un guión de por sí moi bo. Destacar a Ellen Page e sobre todo a Michael Cera, que continuou pola boa senda (casi sempre, olvidemos Año I), xuntándose con quen millores comedias fai hoxe en día Jus Apatow.


NÚMERO 1: ALTA FIDELIDAD



Xa está contento o neno, pois iso sen dúbida e de forma indiscutible a millor comedia roméntica dos últimos 30 anos.

John Cusack é de esos tipos que sempre escolle ben o que fai, algo parecido a Edward Norton (plvidemos Hulk) ou ao seu compañeiro na peli Tim Ribbins, outro xenio do cine moderno.

A todo isto hai que engadirlle a un xenio na dirección como é Estephen Frears, autor de outra obra que perfectamente podería estar aquí como é Irish Coffe. Todo isto unido a unha selección de música gloriosa.



Como pasaba a semana anterior sempre queda alguén atrás, por exemplo: Mejor Imposible, Entre Copas, Algo Pasa con Mary, Paso de ti, The holiday (muy recomendable), Cuando Harry encontró a Sally, Cuatro bodas y un funeral, Irish coffe, Big, In & Out, Pretty Woman, Atrapado en el tiempo, Los padres de ella, Bridget Jones, Love actually, ...

4 comentarios:

JESUS dijo...

MENOS MAL QUE ASI ARREGLAS EL AGRAVIO COMETIDO ANTERIORMENTE

kuching dijo...

Tres mellores comedias... buf é moi difícil. Penso que nalgunha destas habería que facer unha lista das boas un top 50 ou 100

Pitufo Filósofo dijo...

Son as 3 mellores comedias románticas modernas, ningunha destas estaría entre as 3 mellores comedias de sempre, que segundo a miña opinión estaría quasi-copada en absoluto por Billy Wilder.

JESUS dijo...

xa postos poderiase facer una lista coas tres mellores pelis de terror da decada. Asi polo menos Carballo como gran seguidor de CUARTO MILENIO poderia opinar.