Estupefacto, atónito, completa e absolutamente abraiado, e un sinfin de calificativos máis, non acadarían a explicar o meu estado mental no momento en que me enterei da nominación da infame Sandra Bullock aos próximos Premios Ocar. E, é que non existe redención para quen nos fixo tirar máis dun peso e máis dunha tarde coa súa colección de interpretacións sobreactuadas e especialmente mal elexidas.
Penso que non será necesario pero aí vai: Miss Agente Especial 1 y 2, Asesinato 1, 2, 3, Clan Ya-Ya, etc... sin esquecer a que pode ser unha das peores películas da historia e que supuxo un debut digno do resto da súa carrreira "Love Potion Ner, 9", lamentable versión de Jekyll e Hide, onde o detonante é un perfume. O único salvable que fixo, foi Crash, onde a calidade da película era tan grande que nin a súa falla de talento puido estropeala.
É por iso, que non hai redención, non podemos subir a este especimen ao altar da interpretación por moi ben que o faga, sería como perdoar a Franco todos os seus crimes, porque axude á unha vella de 100 anos a cruzar a acera.
miércoles, 3 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Jajajajajajajaaaaaaaaaaa
Non querias caldo??
Toma, sete cuncas!!!
Publicar un comentario