Realmente, non era tan difícil facer unha Gala de entrega dos Goya entretida e que se deixase ver. Basta con contratar un mestre de cerimonias que saiba o que faga e recortar ao máximo os paróns de publicidade...e velaí o tes dúas horas e media de entretemento puro, glamour e incluso algunha reclama político-lingüística que non ven mal nos tempos que corren.
Ceñíndonos ao cinemátográfico, comentar que o nivel deste ano era especialmente alto, destacando o nivel de Ágora e Celda 211, produccióm moito máis pequena pero chea de talento.
Si queremos poñerlle unha pega a Ágora, dicir que unha superproducción deste calibre, ha ter un cariz algo máis comercial, xa que moita xente entrou crendo que ía ver Gladiator e topouse con unha reflexión filosófica sobre a feminidade e a alienación relixiosa. Ás veces chega a hora de esquencer que eres un cultureta e darlle á plebe o que demanda...hai moito que apreder do mestre Hitchckok.
Respecto de Celda 211, parece imposible pensar que despois da infame El corazón del Guerrero, podería sacar unha peli tan completa. Mención especial merece Don Luis Tosar, sen dúbida algunha o talento máis grande saído deste país e a proba vivinte da existencia da xeración de "A min tamén me educaron en Galego e non sain mal de todo".
Por poñer unha pega, non parece moi normal que no momento máis importante da noite, o protagonismo caia das mans dun non implicado, pero asumo que é unha desas veces que hai que baixar os pantalóns, ou como se soe dicir...Perdooche o mal que me fas polo ben que me sabes.
2 comentarios:
No vi la entrega de los premios. Pero sobre Ágora tengo una crítica, es una película íntegramente rodada en Inglés... que hemos visto directamente doblada. Y claro, sabiendo como altera el doblaje la calidad de las actuaciones creo que realmente nadie en españa ha visto el producto original.
Y es una pena que no se vaya a lograr cambiar nunca esta tendencia sobre los doblajes. Yo creo que el doblaje es uno de los factores que más nos lastran a la hora de hablar en inglés.
Totalmente de acordo, nada que obxetar a respecto
Publicar un comentario