O panorama televisivo español é como ter un fillo adicto ao crack, cando cres que non pode ir a peor, vai e tópalo roubando no supermercado do teu primo.
Algo semellante ven de ocurrir o pasado luns na gala de selección da canción que represente a RTVE no rancio festival de Eurovisión, onde un personaxe ignorante e con pintas de skinhead trasnochado comezou a ofrecer aperitivos xenitales aos disidentes do seu cante, ou o que ven sendo o mesmo ofreceulles o seu membro como merenda.
No mesmo momento en que John Cobra (non sei si se pode escoller un nome máis orteiro), agarraba os seu paquete a modo de ofrenda para o público, o seu representante estaba firmando un contrato de exclusividade coa casa dos horrores e a súa ama de chaves, que veñen sendo Tele5 e Jorge Javier Vázquez, respectivamente. Aí, pasará a formar parte do museo de freaks xusto á dereita de Belén Esteban, non descartando que en un par de meses sustitúa a Hilario no telediario da mañá.
Por todo isto, podemos dicir que o caso de john é un deses no que se pode aplicar a máxima de 9 Reinas, "Non faltan zorras, faltan finansistas", polo que como a irma do chiste, é dous animais á vez, ZORRA E COBRA.
Por todo isto, podemos dicir que o caso de john é un deses no que se pode aplicar a máxima de 9 Reinas, "Non faltan zorras, faltan finansistas", polo que como a irma do chiste, é dous animais á vez, ZORRA E COBRA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario