jueves, 4 de marzo de 2010

TROCO VISITA DO PAPA POR CONCERTO DOS ROLLING

Tralas últimas publicacións e louvanzas que está a suscitar a futura visita do papa á Comunidade Galega con motivo do Xacobeo, penso que está tardando en aparecer un anuncio por palabras do tipo:
"Búscase país laico para intercambiar Papa por Jagger"
É comprensible que sexa do interés da comunidade católica, a presenza do seu ministro nun ano que eles consideran de suma importancia, pero onde a comprensibilidade acada o seu límite é cando se xustifica a falla de grandes figuras internacionais, no citado ano, pola austeridade do momento actual, mentres que se asume o coste que poida ter a visita do Papa, tendo en conta que a Constitución define España como un país laico.
O problema radica que coa laicidade do estado, pasa como coa lei antiprostitución, todo o mundo asume que existe pero no lle fai caso nin Deus.
Por todo isto, propoño que a visita do Papa a Santiago, sexa asumida polo aforro económico que a Igrexa ten gracias ao Concordato, e eses cartos se invirtan en traer aos Rolling Stones, a Radiohead, a U2, ou a calquera outro representante laico da sociedade actual (astéñase Belén Esteban).

No hay comentarios: