jueves, 4 de marzo de 2010

TROCO VISITA DO PAPA POR CONCERTO DOS ROLLING

Tralas últimas publicacións e louvanzas que está a suscitar a futura visita do papa á Comunidade Galega con motivo do Xacobeo, penso que está tardando en aparecer un anuncio por palabras do tipo:
"Búscase país laico para intercambiar Papa por Jagger"
É comprensible que sexa do interés da comunidade católica, a presenza do seu ministro nun ano que eles consideran de suma importancia, pero onde a comprensibilidade acada o seu límite é cando se xustifica a falla de grandes figuras internacionais, no citado ano, pola austeridade do momento actual, mentres que se asume o coste que poida ter a visita do Papa, tendo en conta que a Constitución define España como un país laico.
O problema radica que coa laicidade do estado, pasa como coa lei antiprostitución, todo o mundo asume que existe pero no lle fai caso nin Deus.
Por todo isto, propoño que a visita do Papa a Santiago, sexa asumida polo aforro económico que a Igrexa ten gracias ao Concordato, e eses cartos se invirtan en traer aos Rolling Stones, a Radiohead, a U2, ou a calquera outro representante laico da sociedade actual (astéñase Belén Esteban).

miércoles, 24 de febrero de 2010

DOUS ANIMAIS Á VEZ

O panorama televisivo español é como ter un fillo adicto ao crack, cando cres que non pode ir a peor, vai e tópalo roubando no supermercado do teu primo.


Algo semellante ven de ocurrir o pasado luns na gala de selección da canción que represente a RTVE no rancio festival de Eurovisión, onde un personaxe ignorante e con pintas de skinhead trasnochado comezou a ofrecer aperitivos xenitales aos disidentes do seu cante, ou o que ven sendo o mesmo ofreceulles o seu membro como merenda.


No mesmo momento en que John Cobra (non sei si se pode escoller un nome máis orteiro), agarraba os seu paquete a modo de ofrenda para o público, o seu representante estaba firmando un contrato de exclusividade coa casa dos horrores e a súa ama de chaves, que veñen sendo Tele5 e Jorge Javier Vázquez, respectivamente. Aí, pasará a formar parte do museo de freaks xusto á dereita de Belén Esteban, non descartando que en un par de meses sustitúa a Hilario no telediario da mañá.

Por todo isto, podemos dicir que o caso de john é un deses no que se pode aplicar a máxima de 9 Reinas, "Non faltan zorras, faltan finansistas", polo que como a irma do chiste, é dous animais á vez, ZORRA E COBRA.

lunes, 15 de febrero de 2010

NON ERA TAN DIFÍCIL

Realmente, non era tan difícil facer unha Gala de entrega dos Goya entretida e que se deixase ver. Basta con contratar un mestre de cerimonias que saiba o que faga e recortar ao máximo os paróns de publicidade...e velaí o tes dúas horas e media de entretemento puro, glamour e incluso algunha reclama político-lingüística que non ven mal nos tempos que corren.
Ceñíndonos ao cinemátográfico, comentar que o nivel deste ano era especialmente alto, destacando o nivel de Ágora e Celda 211, produccióm moito máis pequena pero chea de talento.
Si queremos poñerlle unha pega a Ágora, dicir que unha superproducción deste calibre, ha ter un cariz algo máis comercial, xa que moita xente entrou crendo que ía ver Gladiator e topouse con unha reflexión filosófica sobre a feminidade e a alienación relixiosa. Ás veces chega a hora de esquencer que eres un cultureta e darlle á plebe o que demanda...hai moito que apreder do mestre Hitchckok.
Respecto de Celda 211, parece imposible pensar que despois da infame El corazón del Guerrero, podería sacar unha peli tan completa. Mención especial merece Don Luis Tosar, sen dúbida algunha o talento máis grande saído deste país e a proba vivinte da existencia da xeración de "A min tamén me educaron en Galego e non sain mal de todo".
Por poñer unha pega, non parece moi normal que no momento máis importante da noite, o protagonismo caia das mans dun non implicado, pero asumo que é unha desas veces que hai que baixar os pantalóns, ou como se soe dicir...Perdooche o mal que me fas polo ben que me sabes.

miércoles, 3 de febrero de 2010

NON HAI REDENCIÓN

Estupefacto, atónito, completa e absolutamente abraiado, e un sinfin de calificativos máis, non acadarían a explicar o meu estado mental no momento en que me enterei da nominación da infame Sandra Bullock aos próximos Premios Ocar. E, é que non existe redención para quen nos fixo tirar máis dun peso e máis dunha tarde coa súa colección de interpretacións sobreactuadas e especialmente mal elexidas.

Penso que non será necesario pero aí vai: Miss Agente Especial 1 y 2, Asesinato 1, 2, 3, Clan Ya-Ya, etc... sin esquecer a que pode ser unha das peores películas da historia e que supuxo un debut digno do resto da súa carrreira "Love Potion Ner, 9", lamentable versión de Jekyll e Hide, onde o detonante é un perfume. O único salvable que fixo, foi Crash, onde a calidade da película era tan grande que nin a súa falla de talento puido estropeala.

É por iso, que non hai redención, non podemos subir a este especimen ao altar da interpretación por moi ben que o faga, sería como perdoar a Franco todos os seus crimes, porque axude á unha vella de 100 anos a cruzar a acera.

martes, 19 de enero de 2010

PELIS AO REVÉS

O asunto é o seguinte, imos describir unha peli na que todo vai ser contado ao revés, trama argumento descrpción de personaxes, etc...Trátase de que adivinemos de que peli se trata.

"Un pai e un fillo, posúen unha excelente relación, polo que deciden ir xuntos á casa do lago a celebralo matando a un xove amigo do xefe de seu pai. Unha vez rematado o traballo, emprenden o camiño de volta nunha especie de Road Movie, na que os afables pai e fillo van encrespando a súa relación por mor de que o pai está empeñado en ir devolvendo a differentes bancos unha pasta que amablemente o xefe do pai lle tiña entregado anteriormente. No seu camiño de retorno a casa, e debido ao bo recibimento dos amigos do xefe do pai, vense obligados a parar nunha granxa de dous ancianos que os largan a tiros do lugar.
Unha vez retornados á casa, o fillo do xefe decide falar amigablemente coa muller e o outro fillo do protegonista, para tratar de apaliar un pequeno percance que o xove tivo cun socio do pai.
Finalmente, o pai eternamente agradecido, vive en paz co xefe o fillo do xefe e a súa muller e fillo. Lamentablemente o fillo que emprendeu con él a viaxe morre a mans da familia de granxeiros."

A VER SE A ADIVINADES.

FRASES CÉLEBRES

- Só hai un bo motivo para esperar un mes para ter sexo con unha tía, que teña 17 anos e 11 meses. (Barney Stimson - How I met your mother).

- Cando a antimateria se cruza con Chuck Norris, torna a materia para evitar conflictos. (Un dos principio do Chucknorrismo).

- Hai máis cousas na vida ademáis dos cartos...pero son todas tan caras. (Groucho Marx).

- Nunca vou ver películas nas que o peito de heroe e maior co da heroina. (Groucho Marx).

- Como iba a saber yo que había gato encerrado...(Manuel Manquiña - Airbag).

ENGADIDE AS VOSAS

jueves, 14 de enero de 2010

XEADO DE MERDA

En ocasións a vida depara unhas circunstancias curiosas nas que decide mesturar o que máis che gusta co que máis odias, e dicir, como se na máis refinada e deliciosa xeladería do mundo decidisen facer un xeado de merda.

Circunstancia semellante é a que se pode dar coa producción do Bond Nº 23, donde unha das cousas que máis odio no mundo ,as pelis de James Bond, xúntase con unha das que máis me gusta, o estilo locuaz e refinado do máis grande director de cine da era moderna.

Só os mois cerrados de mente poden considerar bo un producto onde de 23 pelis se poden salvar 5 sendo moi xeneroso, e onde foi necesario cambiar todo o que até o de agora se entendía por James Bond para facer unha peli realmente boa (Casino Royale), e onde a millor de tódalas pelis e unha parodia da propia saga.

Sendo como son eu unha persoa á que lle gusta probar de todo, e tendo en conta a miña incondicional pleitesía cara a Sam Medes, non hei ter máis remedio que merendar un destes XEADOS DE MERDA.

viernes, 18 de diciembre de 2009

AS 3 MELLORES COMEDIAS ROMÁNTICAS

A pesar do prometido a semana pasada, e con motivo do xustificado mosqueo de algúns, vimos de decidir de cambiar as 3 millores de esta semana por as 3 millores comedias románticas modernas. Sirva isto para presentar os meus respetos ao señor Stephen Frears. Anotar que estamos falando de pelis que vaian dende os 80 ata o día de hoxe, aviso para listillos que empecen a dicir que falta El Apartamento, que falta Desayuno son Diamantes, bla, bla, bla.

Este é un xénero de produccións marcadamente mediocres en xeral, polo que é fácil destacar, e entre as que máis destacan teremos:


NÚMERO 3: EL OTRO LADO DE LA CAMA

É a proba de que a pesar do que algúns dos lectores deste blog pensan, en España pódese facer bo cine. Mantendo a estructura básica da comedia romántica engade o aporte musical utilizando clásicos que despertan a risa e a morriña para os que andamos dos 30 para arriba.

Conséguese o que debe pasar con unha comedia, que rías, porque parece que en algúns sectores de Yankeelandia iso está bastante esquencido.

A maiores, dicir que as interpretacións son boas e a contextualización dos temas tamén, polo que gran película, á que tal vez lle sobraba esa secuela mediocre, but money is money.



NÚMERO 2: JUNO

Humor sutil, social nunha filmación independente, que supuxo unha gran sorpresa a nivel mundial.

É unha desas películas nas que un sae do cine pensando, o mundo é maravilloso, lamentablemente aos 10 minutos pos un telediario e volves á realidade.

Interpretacións magníficas, que fan millor un guión de por sí moi bo. Destacar a Ellen Page e sobre todo a Michael Cera, que continuou pola boa senda (casi sempre, olvidemos Año I), xuntándose con quen millores comedias fai hoxe en día Jus Apatow.


NÚMERO 1: ALTA FIDELIDAD



Xa está contento o neno, pois iso sen dúbida e de forma indiscutible a millor comedia roméntica dos últimos 30 anos.

John Cusack é de esos tipos que sempre escolle ben o que fai, algo parecido a Edward Norton (plvidemos Hulk) ou ao seu compañeiro na peli Tim Ribbins, outro xenio do cine moderno.

A todo isto hai que engadirlle a un xenio na dirección como é Estephen Frears, autor de outra obra que perfectamente podería estar aquí como é Irish Coffe. Todo isto unido a unha selección de música gloriosa.



Como pasaba a semana anterior sempre queda alguén atrás, por exemplo: Mejor Imposible, Entre Copas, Algo Pasa con Mary, Paso de ti, The holiday (muy recomendable), Cuando Harry encontró a Sally, Cuatro bodas y un funeral, Irish coffe, Big, In & Out, Pretty Woman, Atrapado en el tiempo, Los padres de ella, Bridget Jones, Love actually, ...